Carballo | Aberta a inscrición para o 8º Congreso Cidades que Camiñan

Concello de Carballo

Xa podes inscribirte para participar no 8º Congreso Cidades que Camiñan, que se celebrará os días 7 e 8 de outubro co lema “Andando enténdese a xente”. O concello carballés será o punto de encontro das 63 cidades de 3 países que integran a rede a día de hoxe, pero o congreso pretende converterse tamén no lugar de referencia de todas as persoas, entidades e institucións que compartan a necesidade de seguir traballando para que as vilas e cidades sexan cada vez máis habitables, seguras e sostibles.

Dado que o aforo será limitado, as persoas que queiran participar nas actividades abertas ao público deben cubrir este formulario. O Congreso Cidades que Camiñan arrincará o 7 de outubro cunha visita técnica guiada pola vila coa finalidade de amosar ás persoas participantes as principais actuacións que están a contribuír á transformación urbana. De seguido celebrarase a asemblea xeral da Rede de Cidades que Camiñan, coa participación das cidades asociadas