Carballo | Aberta a inscrición para unha nova edición de ‘Traballando en lingua no lecer’

1 minutes read

A Universidade da Coruña convoca a décimo sexta edición do seu curso de verán sobre dinamización lingüística, titulado nesta ocasión Traballando en lingua no lecer. Esta actividade formativa centrarase en analizar o fomento do uso da lingua a través do lecer e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos e para a utilizarmos na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc. O curso terá lugar no Fórum Carballo os días 12 e 13 de xullo de 2023, coa colaboración do Concello de Carballo e a Secretaría xeral de Política Lingüística. O prazo de inscrición está aberto até o día 6 de xullo e hai diferentes modalidades de matrícula.

Programa completo, inscrición e máis información aquí.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?