Carballo | Aberto ata o día 22 un novo prazo de solicitudes para o programa Concilia

0 minutes read

A Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo mantén aberto ata o próximo día 22 un novo prazo de solicitudes para o programa Concilia, para novos usuarios/as que se incorporarán o 1 de febreiro. A listaxe de admitidos/as publicarase na páxina web do Concello o 27 de xaneiro. 

Prazas:

  • CEIP Fogar: 6 con almorzo e 8 sen almorzo
  • CEIP Bergantiños: 2 con almorzo e 7 sen almorzo

Este curso, por razóns sanitarias, non hai opción de matrículas por días soltos para usuarios/as ocasionais.