Carballo | Aberto o prazo de solicitude de axudas do programa PEL Reactiva


Desde este sábado e ata as 14.00 horas do 25 de novembro estará aberto o prazo de solicitude das subvencións do programa PEL Reactiva, un fondo de financiamento para a reactivación económica da provincia da Coruña que ten como obxecto dotar de liquidez ás persoas autónomas e microempresas, e que no caso de Carballo está dotado con 550.578,18 euros. O importe das axudas será fixo, e pode ir dende os 1.500 ata os 3.000 euros en función dunha serie de criterios establecidos nas bases, que poden consultarse no seguinte enlace:

Bases reguladoras