43
O Concello de Carballo reabre o prazo para presentar as solicitudes das axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de grao elemental ou profesional no Conservatorio Profesional de Música.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de xuño.
LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN
- Rexistro Xeral do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/nº) con cita previa chamando ao 981 704 100
- Sede electrónica https://sede.carballo.gal/
DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA
- Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos.
- Copia do libro de familia
- Copia do DNI ou NIF provisional do beneficiario
- Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome do beneficiario/a da axuda (neno/a)
INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS
Polo momento, no enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal e telefónicamente de 11.00 a 12.30 h no 981 704 300 (servizos administrativos – 2).