Carballo | Aberto o prazo de solicitude de composteiros individuais

Solicitud composteros Carballo_Cedida

As concellarías de Medio Ambiente e Servizos de Carballo teñen en marcha unha nova campaña para seguir estendendo a compostaxe doméstica no concello. En breve distribuiranse pola localidade 150 composteiros máis, que se sumarán aos 392 que se atopan xa a pleno rendemento nas distintas parroquias.

Con esta nova partida poderanse atender máis peticións que se atopan en lista de agarda, polo que se abre o prazo para solicitar os composteiros individuais.