- A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria
Un ano máis, o Concello de Carballo e o Conservatorio Profesional de Música promoven a formación musical entre a rapazada a través do curso de Iniciación Musical. A esta convocatoria poderán concorrer todos aqueles nenos de 1º e 2º curso de Educación Primaria que desexen iniciarse no mundo da música. O curso terá un límite de 30 prazas, divididas en 2 niveis (de seis e sete anos), que se adxudicarán por orde de rexistro. Terán prioridade os empadroados no municipio.
O prazo para inscribirse vai do 24 ao 28 de maio (ambos incluídos), e as solicitudes poden recollerse nas oficinas de Cultura do Concello ou na web do mesmo.
O día 2 de xuño publicarase a listaxe de admitidos, que poderán formalizar a matrícula entre o 29 de xuño e o 15 de xullo.