Carballo | Aberto un prazo extraordinario de matrícula no programa Concilia

Imaxe de arquivo_Web do Concello de Carballo

A Concellaría de Igualdade abre ata o 16 de decembro un prazo extraordinario de matrícula no programa Concilia, que ofrece ás familias a posibilidade de deixar aos nenos e nenas nos colexios participantes a partir das 07:00 horas, facilitando deste xeito a conciliación familiar e laboral. Este ano, debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19, mantense o protocolo de prevención activado e non é posible utilizar o servizo en días soltos.

Nestes momentos están dispoñibles 75 prazas no CEIP Fogar (49 con almorzo e 26 sen el) e 9 no CEIP Bergantiños (45 con almorzo e 4 sen el). As familias interesadas deben cumprimentar a folla de inscrición, que pode recollerse no edificio de Servizos Sociais ou descargarse na web municipal, e presentala no prazo establecido en calquera dos rexistros municipais ou telematicamente a través da sede electrónica do Concello de Carballo. A adxudicación das prazas realizarase por orde de puntuación e farase pública na páxina web www.carballo.gal o 22 de decembro.