Co obxecto de contribuír á promoción da música e do folclore que se desenvolve no Concello, difundir o labor que realizan as agrupacións musicais de persoas afeccionadas, así como colaborar coas diferentes entidades sen ánimo de lucro que ao longo do ano organizan diversos actos culturais en Carballo facilitándolles recursos que enriquezan as súas actividades e, en cumprimento das competencias que o Concello de Carballo ten na promoción da cultura e da ocupación do tempo libre, esta entidade aprobou o Programa de Actuacións Musicais a favor de Grupos de Musica e DanzaTradicional, Masas Corais, Orquestras, Conxuntos e Bandas de Musica de Carballo para o ano 2019.
O prazo de solicitude de adhesión para as agrupación musicais estará aberto durante 10 días hábiles, que empezarán a contar o 28 de marzo.