Carballo abre unha oferta de prazas de oficial de policía

0 minutes read

O Concello de Carballo abre a posibilidade de cubrir en réxime de comisión de servizos as prazas vacantes de oficial de policía (Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Oficial Policía Local) existentes no cadro de persoal. 

As persoas que se atopen na mesma escala e categoría, que non teñan incoado expediente disciplinario e que estean prestando servizo activo noutros concellos poden presentar unha solicitude neste sentido no Rexistro de entrada do Concello de Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?