Carballo | Accidente de tráfico con importantes danos en Noicela

Minutos antes das sete da tarde deste domingo producíase un accidente de tráfico, entre dous coches, con importantes danos materiais, na parroquia carballesa de Noicela, en concreto na intersección das estradas provinciais DP-1909, que une Carballo con Caión, e DP-1916 que une esa última estrada coa Pedra do Sal. Como consecuencia do choque os dous turismos quedaron entorpecendo parte dos carrís de circulación das dúas estradas. O 112 Emerxencias Galicia mobilizou ao punto á Garda Civil de Tráfico, que instruíu o correspondente atestado, así como á Policia Local que regulou o tráfico rodado ata a retirada dos turismos accidentados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha