Carballo | Accidente en Bértoa con danos importantes

Imaxe do lugar do accidente_Arquivo.

Pasadas as 9:30 horas deste luns tivo lugar un choque entre dous turismos na avenida de Bértoa en Carballo. O sinistro produciuse no coñecido como cruce da Caracola, un punto quente en canto ao tráfico rodado, por unha parte pola densidade de vehículos que circulan pola propia AC-552, pola outra, pola confluencia das rúas Abetos e Andrés Gaos. A primeira comunica coa estrada provincial que vai a Razo e a segunda coa avenida de Bergantiños e a Vila de Negreira, especialmente utilizadas para circundar o centro de Carballo. No punto tamén existe u n semáforo peonil con pulsador. Nesta ocasión dous turismos colisionaron frontolateralmente e quedaron ocupando de xeito parcial os dous carrís de circulación. O 112 Emerxencias Galicia coordinou aos servizos de asistencia, sendo necesaria a regulación do tráfico rodado mentras non foron retirados os coches implicados. Aparentemente, por sorte, as feridas dos ocupantes dos turismos non revestían gravidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha