47
Unha colisión entre un turismo e unha motocicleta saldouse cunha persoa ferida este sábado. Os feitos ocorreron pouco antes das cinco e media da tarde na estrada AC-552, á altura do lugar da Rega. Por momentos producíronse importantes retencións no lugar do sinistro, dado que os vehículos implicados ocupaban parte da calzada. Alertados polo 112 Emerxencias Galicia, ao lugar acudiu unha Ambulancia do 061, así como Protección Civil de Carballo, a Garda Civil de Tráfico e un equipo de Atestados.