Carballo | Accidente múltiple na circunvalación da AG-55

1 minutes read

O suceso tivo lugar minutos antes da unha da tarde deste luns no quilómetro 30,6 da AG-55, correspondente ao tramo de circunvalación entre o acceso ao polígono de Bértoa e a ponte de Oza. Tres turismos chocaron por alcance un detrás do outro no carril esquerdo sentido Coristanco, o dereito estaba ocupado por maquinaria pesada que realiza obras no firme da vía.

O 112 Emerxencias Galicia mobilizou ao momento ao 061, aos Bombeiros de Carballo e ao servizo de mantemento da autoestrada. Ao lugar tamén acudiron varias patrullas da Garda Civil de Tráfico. Tres persoas resultaron feridas de diferente consideración.