Carballo acolle a exposición «A rede visible» en apoio ás mulleres LBT

Exposición "A rede visible"_Concello de Carballo

  • A mostra poderá verse ata o 18 de xuño na rúa Eduardo Pondal

Este mércores inaugurouse na rúa Eduardo Pondal, en Carballo, a exposición «A rede visible», un proxecto da asociación Les Coruña que traballa pola igualdade e a visibilidade de lesbianas, bisexuais e persoas trans, procurando que as LBT “teñan espazos propios onde interactuar, relacionarse e medrar sen as presións engadidas da lgtbifobia”. Á presentación acudiron a presidenta do colectivo, Sandra López, e a súa compañeira da xunta directiva María Setién. Por parte do Concello achegáronse o alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Igualdade, Maica Ures.

O Concello de Carballo decidiu sumarse á esta iniciativa de visibilización acollendo a mostra ata o 18 de xuño. «A rede visible», que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, é unha exposición de fotografía documental en gran formato, obra da artista Susana Milnes.

A exposición inclúe tamén un espazo para a participación veciñal: un primeiro panel-photocall no que todas as persoas que o desexen poderán fotografarse e participar nas súas redes sociais co cancelo #redevisible. Quen participe entrará nun sorteo de agasallos do Concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha