Carballo acolle esta fin de semana a final da Copa Galicia EBA

O evento medirá ao conxunto local de Escola Basket Xiria contra o C.B. Chantada. Ámbolos dous conxuntos, como primeiros clasificados de grupo, con tres vitorias cada un, xogarán o domingo 2 de outubro, ás 12h. no pavillón Vila de Noia.

O presidente da xunta xestora da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; o presidente da Escola Basket Xiria, Primitivo Xurxo Reguera; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentaaron o cartel.

Primitivo Reguera fixo un chamamento para que este domingo os carballeses e bergantiñáns enchan o pavillón e acudan apoiar ao Calvo Basket Xiria, porque ademais á entrada será de balde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha