Natación | Carballo acolle o XII Campionato Galego de Fondo Máster


O vindeiro domingo a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en sesións de mañán e tarde, a XII Edición do Campionato Galego de Fondo Máster e Memorial Gerardo Steudel, no que tomarán parte 17 equipos e 72 Mestres-as, 24 mulleres e 48 homes. A organización da competición, adapatada aos protocolos sanitarios, corresponde á Federación Galega de Natación e a AD.Fogar en colaboración con Concello de Carballo e Carballo Deporte. Pola mañán a pileta estará dispoñible para os nadadores desde as 9:00 horas coa 1ª quenda de quecemento que se estenderá ata as 9:30 horas, momento no que comezará a competición coas 4 series dos 1500 libres masculino. Acto seguido disputaranse nunha 2ª quenda as 4 series dos 800 libres tamén masculinos previo quecemento doutra media hora. Xa pola tarde a piscina estará dispoñible para as nadadoras desde as 16:00 horas cunha única quenda de quecemento que se estenderá ata as 17:00 horas, momento no que comezará a competición coas 2 series dos 1500 libres seguidas doutras 2 series de 800 libres, todas en categoría feminina. Os de Carballo e Oleiros tomarán parte con 5 nadadores-as, 2 mulleres e 3 homes, dos cales 3 nadarán a distancia dos 1500 e os 2 restantes a de 800.