- A iniciativa, organizada polo Grupo de traballo sobre a Píllara das dunas e o Concello de Carballo, reunirá a estudosos, interesados e técnicos de todas as administracións
Será o xoves 9 de maio e servirá para conmemorar o 40 aniversario da «Directiva Aves», celebraráse no auditorio do Fórum Carballo a partir das 10:30 horas, está organizada polo Grupo de traballo sobre a Píllara das dunas, integrado por entidades conservacionistas, universidades, concellos, a Xunta de Galicia e polo Concello de Carballo, que é un dos membros activos dese grupo a través da Concellaría de Medio Ambiente. O obxectivo da iniciativa, dirixida a técnicos, estudosos e público interesado, é dar a coñecer as medidas de conservación e xestión para a Píllara das dunas nas que se vén traballando nos últimos anos.
Programa:
10:30 h. Presentación da xornada. Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Jesús Domínguez (USC)
10:40 h. Contexto actual e problemática de conservación da Píllara nas praias de cría da Costa da Morte e Ferrolterra. María Vidal (USC)
11:00 h. A conservación da Píllara das dunas dende a óptica municipal. Experiencia do Concello do Grove. Ánxeles Domínguez e Francisco Meis (Concello de O Grove)
11:30 h. O papel das sociedades conservacionistas na conservación da Píllara das dunas. Sociedade Española de Ornitoloxía. Encarna González e Gustavo Ferreiro (SEO-Pontevedra)
11.45 h. O papel das sociedades conservacionistas na conservación da Píllara das dunas. Roberto Vidal (Grupo Naturalista Hábitat) e representante da Asociación Ambiental Senda Nova.
12:00 h. Rolda aberta de intervencións.
13:30 h. Peche da xornada

