Carballo acollerá 4 cursos de poda dentro do programa medioambiental ‘Catro estacións’

1 minutes read

O Concello de Carballo e Dixardín volven a colaborar na organización de cursos de poda. Este ano serán catro en total, e realizaranse de 10.00 a 13.00 horas en catro parroquias diferentes para intentar achegar a formación a todo o territorio da seguinte forma:

  • 21 de xaneiro: Outón (Rus)
  • 28 de xaneiro: Artes
  • 4 de febreiro: San Miguel de Vilela
  • 11 de febreiro: Sísamo

As prazas son limitadas, e as inscricións realizaranse enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal indicando nome e apelidos, parroquia de residencia e lugar de preferencia para realizar o curso. As prazas outorgaranse por orde de chegada, intentando respectar a preferencia das persoas solicitantes sempre que sexa posible.

A iniciativa forma parte do programa medioambiental Catro estacións, promovido polo Concello de Carballo coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín, e vinculado á creación e mellora das zonas verdes e arboradas e dos espazos axardinados do noso concello. O principal obxectivo é implicar á veciñanza na conservación dos espazos públicos a través dunha serie de iniciativas orientadas a fomentar o coñecemento da riqueza local de flora, poñer en valor os recursos naturais do territorio e fomentar o respecto polos xardíns como bens comunitarios.