Carballo acollerá este xoves un proceso de participación veciñal sobre as súas necesidades culturais

O Concello de Carballo opta ás axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) destinadas a entidades locais para o período 2021-2027 con cinco proxectos, entre eles a construción dun novo espazo cultural que permita dar resposta ás crecentes necesidades derivadas do posicionamento do concello como referente e motor cultural.

Nese proceso, o goberno carballés quere seguir contando coa participación dos axentes implicados, e con esa finalidade convoca ás entidades, empresas, artistas e profesionais do ámbito da cultura a participar nunha xuntanza na que se realizará unha explicación técnica do proceso de participación e realizarase una reflexión colectiva sobre as principais necesidades culturais do concello.

A cita será este xoves 11 de setembro ás sete da tarde no Auditorio do Fórum Carballo. Se pertences a unha entidade ou empresa do ámbito cultural ou se a túa actividade profesional está relacionada coa cultura, podes encher o formulario que atoparás www.carballo.gal

Related posts

Xa hai preto de 600 persoas anotadas no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas do Entroido de Carballo

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou actuacións na Laracha e Malpica

A Laracha conmemorará o sábado 21 o ‘Día de Rosalía’ cun espectáculo para o público infantil e familiar