Carballo acollerá o 16 de novembro o I Encontro Médico de Bergantiños

A cita terá lugar no Pazo da Cultura da localidade. Dará comezo coa presentación as 9 da mañá, acto seguido haberá unha charla baixo o lema ¿A que se dedican algúns dos médicos bergantiñáns?, nel participarán os doutores Jesús Herranz González-Botas, María José García Antelo, Gloria Fraga Rodríguez e Pablo Miramontes González.

Dr. Juan Carlos Díaz del Valle, organizador do I Encontro Médico de Bergantiños.

As 10:30, o profesor e historiador carballés Xan Fraga Rodríguez dará unha visión histórica e social da medicina en Carballo.

Tras unha breve pausa-café, ás 11:30 reanudaranse os actos cunha conferencia do Dr. Alfonso Solar Boga, responsable de Gastroenterología pediátrica do Hospital Teresa Herrera de A Coruña.

Seguramente a parte máis emotiva deste encontro terá lugar ás 12:15 horas cunha homenaxe ao desaparecido Dr. Eduardo Mariño.

A clausura será ás 13:30 horas, de seguido terá lugar un xantar de confraternización no restaurante Punta del Este.

A organización do evento corre a cargo dos Drs. Alejandro Ávila Álvarez e Juan Carlos Díaz del Valle, ademáis do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, coa colaboración do Concello de Carballo.

Para inscribirse estará habilitada a web do Colexio Oficial de Médicos da Coruña www.comc.es, o correo eco@comc.es ou o teléfono 981 595 562.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha