Carballo acollerá o 18 de xuño a sabedoría de tres adestradores experimentados na ACB


Dentro do marco da Escola de Adestradores iniciada pola Escola Basket Xiria, que este ano dirixiu Fernando Buendía e coordinado por Arturo Ferraces, co apoio do Concello de Carballo, o Club pon en marcha unha xornada de formación para adestradores e amantes do mundo do baloncesto que acercará a Liga Endesa á localidade.

A xornada constará de tres charlas, a cargo de Oscar Lata (Axudante en UCAM MURCIA da Liga ACB, ex adestrador de Basket Xiria), Victor Perez (Axudante en MONBUS OBRADOIRO da liga ACB) e Jota Cuspinera, adestrador ACB de longa experiencia.

O Clinic está pensado na formación do xogador, para que sirva coma referencia para os adestradores de base, e poidan aplicar cos seus xogadores os coñecementos recibidos.

Unha charla pola mañá e dúas na sesión de tarde, completan un gran cartel para este clinic, que convalida 12 horas de formación nos cursos da FEGABA e que nace coa idea de converterse nun clásico de estas datas na comarca de Bergantiños e que ten xa aberto o prazo de inscrición dende o pasado mércores 25 de Maio.

  • HORARIOS:

12:00 Victor Pérez. “Traballo de mans para a mellora individual”

16:30 Jota Cuspinera “Uso de espazos para o desenvolvemento do xogador”

18:30 Oscar Lata “Xogo de Cara: búsqueda de solucións individuais”