Carballo acollerá unha nova edición do ciclo de cine euroárabe «Amal en ruta»

1 minutes read

O presidente de honor da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, presentaron este venres unha nova edición do ciclo de cine euroárabe “Amal en Ruta”, organizado conxuntamente para achegármonos á sociedade árabe, rompendo cos estereotipos e ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta cultura tan heteroxénea.

Amal en ruta Carballo é un resumo da última edición da Semana de Cine Euroárabe Amal, celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado mes de outubro. Jaber Ibrahim explicou que esta edición de Amal en ruta enmárcase baixo o lema “E ti, acompáñasnos nesta viaxe?”, un título co que se pretende evidenciar a longa traxectoria do festival Amal, que, con dezasete anos de experiencia, continuará en 2020 cunha proposta chea de diversidade cinematográfica e con cintas de “gran calidade que sorprenderán aos espectadores”.

  • “Soufra” (xoves 16, na Biblioteca Rego da Balsa)
  • «Sky and Ground” (venres 17, no Pazo da Cultura)
  • “Mafak” (xoves 23, na Biblioteca Rego da Balsa)
  • “Look at me” (venres 24, no Pazo da Cultura)
  • “Yomeddine” (xoves 30, na Biblioteca Rego da Balsa)
  • “Capharnaüm” (sábado 1, no Pazo da Cultura)