Carballo acolleu unha nova edición do Día da Muiñeira

As agrupacións San Campio de Cances, Xiradela (Arteixo), Raigañas (Cerqueda), Xacarandaina (A Coruña), Baile Tradicional Churía (Zas), Queiroga (Paiosaco), O Fol de Neaño (Cabana), Arume de Berdillo (Carballo), Terra de Sena (Cee), Breogán (Brens, Cee) e Escola Municipal de Folclore de Betanzos, déronse cita este domingo pola tarde na celebración da 39ª edición do Día dá Muiñeira. A Banda Municipal de Gaitas de Carballo foi a encargada de poñerlle banda sonora ao evento, que contou con numeroso público nunha tarde de domingo sen choiva. A cita volveu a ser todo un éxito e concluíu cun baile conxunto e unha merenda saudable.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha