- Estaba prevista para este venres, 11 de xuño
O Concello de Carballo acaba de comunicar que queda adiada, ata novo aviso, a proxección do documental «Noite irisada», prevista nun principio para este venres.
A través dun coidado traballo de investigación, o filme máis recente da viguesa Bea Vázquez Campaña ofrece unha completa panorámica dos profundos cambios socioculturais que se deron ao longo da historia arredor do colectivo LGTBI: da normalidade das prácticas homosexuais en tempos pasados aos inicios da homofobia e a persecución posterior; da adulteración das cantigas medievais ou a represión franquista, ata os nosos días.
Este labor documental —que foi nomeado aos Premios Mestre Mateo 2020— é ademais enriquecido co testemuño daqueles que viviron a súa condición sexual na clandestinidade ou da xente máis nova que fala de todo o que queda por facer no relativos aos dereitos.