Carballo | Adiada a ruta literaria guiada polos autores do libro «O río Anllóns»

Río Anllóns ao seu paso por Carballo.

  • A actividade realizarase o vindeiro sábado, 3 de xullo

O Concello de Carballo acaba de emitir un comunicando sinalando que, debido ao desbordamento do río, a ruta literaria guiada polos autores do libro «O río Anllóns» prevista para este sábado queda aprazada para o próximo, 3 de xullo.

Aínda se admiten inscricións, polo que as persoas interesadas en participar poden enviar os seus datos persoais e de contacto a biblioteca@carballo.gal ou chamando ao teléfono 981 758 580.

A Concellaría de Cultura e o Instituto de Estudos Bergantiñáns programan unha ruta guiada polas ribeiras do Anllóns para dar a coñecer sobre o terreo o contido do libro «O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños», un traballo en equipo de Fernando Cabeza Quiles, Evaristo Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada e Luís A. Giadas Álvarez. Os propios autores serán os encargados de guiar a camiñada, que arrincará na Ponte de Bértoa ás 11:00 horas e rematará no Parque do Anllóns sobre as 13:00 horas. Ao final do percorrido realizarase unha sinatura de libros no Pazo da Cultura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha