Carballo | Afaber montou unha Mesa informativa na rúa

1 minutes read

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber), que preside Jesús Villar Antelo, con motivo do Día Mundial do Alzheimer, celebrou unha das súas primeiras actividades, unha Mesa Informativa. Este xoves, de 10:00 a 13:00 horas membros da directiva e traballadoras de Afaber estiveron presentes na Rúa Coruña, en Carballo. Achegaban información a xente, venta de chaveiros feitos polos/as usuarios/as, etc. Afaber tamén foi convidada ás “olimpiadas do diversiforum”. Unha xornada chea de xogos que compartiron con outras asociación veciñas. Os/as alumnos/as do Obradoiro Dual de Emprego encargáronse de levalo a cabo e rematar cun aperitivo feito por eles/as.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?