Carballo | Alertan dunha persoa en cadeira de rodas eléctrica circulando pola AG-55

Os feitos producíronse á primeira hora da tarde deste luns. Varios usuarios da autoestrada AG-55 pasaron aviso ao 112 Emerxencias Galicia de que unha persoa en cadeira de rodas eléctrica estaba a facer uso da citada vía á altura da circunvalación, nese momento entre a saída cara a Malpica e a saída cara ao polígono de Bértoa. Tras a coordinación do servizo ao lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local e tamén outra da Garda Civil, esta última fíxose cargo da motoreta e de instruír as correspondentes dilixencias ao respecto. A persoa pretendía chegar ao lugar de Xoane.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha