Carballo | Alta participación nas actividades do programa «eu quero Razo-Baldaio»

O programa “eu quero Razo-Baldaio” arrincou o sábado no Espazo da Natureza de Oza cun obradoiro de pegadas da fauna autóctona que se completou o domingo cunha saída pola Ribeira da Pena, na parroquia de Aldemunde, poñendo en relación a costa co interior do concello e atopando, ademais, “rastros compatibles co raposo, o porco teixo ou o lobo”, tal como explican dende Senda Nova, que se encargou de guiar a actividade.

Ás 27 persoas de todas as idades que participaron nesta primeira actividade da fin de semana sumáronse 15 máis na ruta polo patrimonio das parroquias costeiras que se celebrou este mércores, guiada tamén por Senda Nova. Nesta ocasión o público foi maioritariamente adulto, e a verdade é que o percorrido, que incluíu As Torres, Pardiñas, Cambrelle, Castrillón e Lema, foi moi animado e participativo.

A próxima cita é o próximo sábado, neste caso da man do Grupo Naturalista Hábitat, para coñecer a fauna e a flora das contornas dunares. Lembra que se queres participar é necesario realizar inscrición previa aquí.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha