Carballo amplía as axudas para a conciliación aos servizos de comedor e ás actividades extraescolares

Edificio Concello de Carballo

  • O prazo de solicitude estará aberto do 23 de xaneiro ao 6 de febreiro                             

A Concellaría de Igualdade e Benestar de Carballo amplía a convocatoria de axudas para a conciliación da vida familiar co obxectivo de facilitar ás familias o acceso a servizos específicos se carecen de apoios no seu entorno.

Ademais dos campamentos de verán, este ano tamén poderán subvencionarse os servizos de madrugadores e comedor e diversas actividades extraescolares.

As axudas, para as que están consignados 15.000 euros, van destinadas a familias con nenos/as ao seu cargo de 3 a 12 anos, ou ata 16 cando os/as menores teñan recoñecida unha discapacidade igual o superior ao 33%, para gastos realizados entre o 1 de xullo e o 30 de novembro do ano 2019.

O prazo de solicitude estará aberto dende o 23 de xaneiro ata o 6 de febreiro, ámbolos dous incluídos. Máis información aquí.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha