43
Como consecuencia da situación provocada no sector servizos pola pandemia da COVID-19, o Concello de Carballo amplía o horario de peche das terrazas de hostalaría ata o 10 de setembro.
- De domingo a xoves, ata as 01:00 horas
- Venres, sábados e véspera de festivo, ata as 02:00 horas
- Durante a Semana Grande de San Xoán, ata o 28 de xuño, ata as 03:30 horas
Despois do horario máximo establecido, os hostaleiros disporán de 20 minutos para retirar do espazo público as cadeiras e mesas, ademais de observar durante o horario de apertura as condicións establecidas nas ordenanzas municipais, as derivadas da situación sanitaria e as indicacións da Policía Local.