Tras recibirse un aviso na central do 112 Emerxencias Galicia pola indisposición que presentaba un veciño do lugar da Braña, na parroquia carballesa de Rus, na tarde deste luns púxose en marcha de inmediato un operativo que mobilizou a unha Ambulancia do 061, a Protección Civil de Carballo, á Garda Civil, e dada a gravidade da situación ao helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que en poucos minutos tomou terra no punto indicado. A pesar dos esforzos de todos os medios, nada puideron facer por salvarlle a vida a esta persoa, un veciño do lugar de 63 anos.