44
- Un especialista da poda en altura percorreu esta semana as zonas verdes
A Brigada Municipal de Xardíns de Carballo anticipa a campaña anual de poda, que normalmente empeza en novembro, cunha revisión das árbores de maior porte situadas en espazos públicos.
Trátase dunha poda en altura, polo que as tarefas estanas realizando xardineiros especializados, que saben trepar con seguridade e que contan co material necesario.
O obxectivo deste tipo de poda é favorecer o crecemento e o axeitado desenvolvemento da árbore, ademais de acceder a partes da copa nas que poida haber pólas en mal estado ou con risco de desprendemento.