Carballo | Apertura de prazo para a solicitude de autorizacións para a venda ambulante

1 minutes read

O Concello de Carballo acordou abrir o prazo de presentación de solicitudes para que as persoas con autorización para a venda ambulante soliciten a renovación desta para o exercicio 2022, de acordo co establecido na Ordenanza reguladora das feiras, mercados e venda ambulante do Concello. Este prazo estará comprendido entre os días 3 e 30 de novembro de 2021, ambos incluídos. As solicitudes de renovación presentaranse preferentemente por vía telemática acompañando a documentación que establece a nomeada Ordenanza. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes de renovación, o Concello analizará e resolverá estas, así como as novas solicitudes de venda ambulante formuladas dentro deste prazo, dando preferencia a aquelas solicitudes que tivesen autorización concedida para o ano en curso.