Carballo | Apertura do II Ano da Parroquia

Parroquia de Carballo.

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu en Carballo a Eucaristía coa que dá comezo, de maneira oficial, o II Ano da Parroquia, que baixo o lema ”50 anos abrindo portas, acollendo e construindo Igrexa”, organiza o Consello pastoral parroquial.

O día 1 de agosto do 2.022 o párroco de Carballo José García Gondar cumprirá 50 anos de párroco de Carballo e Xosé Pumar Gándara 25 anos de servizo sacerdotal nesta Parroquia, motivo para a celebración deste ano parroquial.
Concelebraron con monseñor Barrio, ademais do párroco José García Gondar e de Xosé Pumar Gándara, sacerdotes da comarca e outros que desempeñaron o seu labor pastoral nesta parroquia nalgún momento destes 50 anos.