Carballo aproba o orzamento para o 2020 cos votos en contra de PP e TeGa

Imaxe pleno Carballo decembro_Carballo.org

  • O Partido Socialista abstívose na votación

A corporación municipal de Carballo aprobou o orzamento para o vindeiro ano cos 12 votos a favor do BNG, 3 abstencións do PSOE e 6 votos en contra de PP e TeGa. O documento económico, que acada os 25.972.402,37 euros, foi especialmente criticado polos dous últimos grupos, que o cualificaron como pouco ambicioso, mentres que para o goberno municipal é estratéxico e social.

O cadro de persoal tamén saíu adiante con 19 votos a favor e 2 en contra de TeGa. En materia de persoal presentouse, ademais, unha modificación da RPT (relación de postos de traballo), que contou co apoio dos 19 concelleiros e concelleiras de BNG, PP e PSOE, mentres que os 2 de Terra Galega abstivéronse.

A ordenanza reguladora das prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias do Ciclo Integral da Auga foi aprobada por unanimidade. E no último punto de debate foi aprobada tamén por unanimidade a modificación puntual número 6 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por execución de sentenza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha