O Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Desenvólvese durante o período escolar, e consiste en recoller ás nenas e aos nenos á primeira hora da mañá no seu centro escolar. O obxectivo é responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, cubrindo a necesidade de atención antes do inicio das clases pola mañá con persoas debidamente cualificadas, así como ofrecer o servizo dun almorzo equilibrado. O servizo préstase de luns a venres os días lectivos dende as 7:00 ata a hora de incorporación ás clases en cada centro. Tamén se ofrece servizo nos períodos vacacionais de Nadal, Entroido, e Semana Santa, nas pontes. Nestas datas o servizo ofrecese no locais habilitados pola empresa que ten a concesión e o número de prazas será de 30. Todas as solicitudes presentadas para participar no Programa Concilia durante o curso 2022-2023 están admitidas. O servizo prestarase nos colexios Fogar, Bergantiños e Gándara-Sofán, que este curso acadou o número mínimo de participantes para poñelo en marcha. A listaxe de nenos e nenas será definitiva o 25 de agosto.
17