Carballo | Aprobados varios proxectos de mellora no rural por máis dun millón de euros

Pedra do Sal_Concello de Carballo

  • Inclúen obras de mellora viaria e a creación dunha rede de abastecemento de auga potable a Pedra do Sal

A Xunta de Goberno Local de Carballo adxudicou, na sesión ordinaria deste luns, dous proxectos por máis dun millón de euros: a construción rede de abastecemento de auga potable a Pedra do Sal, que permitirá seguir avanzando na extensión do servizo pola zona costeira, e a reparación de vías secundarias nas parroquias de Ardaña, Artes, Berdillo, Bértoa, Carballo, Lema, Oza, Razo e Rus. Ambos serán executados pola empresa local Vázquez y Reino, cun investimento de 649.456,84 euros no primeiro caso e de 463.791,20 no segundo.

O Concello tamén contempla melloras na rede de abastecemento das rúas Antón Fraguas, Muíño e outras da zona urbana. A Xunta de Goberno Local declarou o concurso realizado tras presentarse unha única oferta quequedou excluída por baixa temeraria, poñendo en marcha un novo procedemento de contratación cun orzamento de 169.192,22 euros. Xunto a este tamén arrincaron os trámites para contratar outras obras: a substitución da cuberta e outras melloras no pavillón deportivo do CEIP Gándara-Sofán, cun custo de 216.286,64 euros, e a pavimentación en varios espazos urbanos por 129.161,73 euros. Esta última actuación está subvencionada polo Inega con 64.580,86 euros, que supón o 50% do investimento total.

A Xunta tamén aprobou o prego de cláusulas administrativas para o contrato privado para a enaxenación onerosa dun ben patrimonial sito na rúa Xasmíns, 25-27, valorado en 3.013,05 euros.

Outros acordos
Na sesión foron aprobadas varias licenzas urbanísticas, facturas por 100.519 euros, solicitudes relacionadas con vaos e a devolución de fianzas pola execución de distintos contratos. Tamén se deu luz verde a un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago para prácticas así como un acordo de conformidade co proxecto de obra hidráulica “Realización dun by-pass no río Anllóns na zona do Muíño do Quinto”, segundo solicitude presentada por Augas de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha