44A Garda Civil minimizou os efectos do lume cun extintor á espera da chegada dos Bombeiros.
Minutos antes das sete e media da tarde deste domingo uns veciños deron a voz de alarma ao 112, indicando que un vehículo Ford Cougar V6, estaba a arder, en concreto á altura do número 47 da rúa Doutor Fleming. O turismo é propiedade dun veciño da zona que segundo indicou acababa de estacionalo no lugar minutos antes, tras unha viaxe a Baldaio. Emerxencias mobilizou aos Bombeiros do parque de Bértoa, á Garda Civil e á Policía Local. Os primeiros en chegar foron os membros da Benemérita, o Cuartel está a menos de cen metros, polo que de inmediato botaron man duns extintores para sufocar o lume. As forzas da orde investigan que puido ocorrer para que o coche se incendiase pola parte do motor de forma repentina.