O primeiro suceso tivo lugar este venres sobre as 7 e media da tarde no lugar de Cernide. Alertados os servizos de emerxencia alí acudiron de inmediato os bombeiros do parque de Carballo, que unha vez no punto comprobaron que se trataba dun incendio na proximidade dunha vivenda deshabitada, e o que estaba a arder era un vehículo estacionado debaixo dun galpón anexo a esa vivenda.
Procedendo á súa extinción empregaron 4.000 litros de auga e 25 de espumóxeno. O lume queimou por completo o vehículo e danou a cuberta do galpón pero non chegou a afectar á vivenda.
Descoñécese a orixe do incendio, as autoridades competentes investigan o suceso, así como a aparición doutro turismo abandonado na zona e coas placas de matrícula trucadas. Ao lugar tamén acudiu a Garda Civil e Protección Civil de Carballo.
54