Carballo | Arrincan na zona de Bértoa as obras de pavimentación dun total de 20 rúas

Obras en Berdillo_Cedida.

A empresa Arias Infraestructuras iniciou este luns as obras de pavimentación dunha vintena de rúas das parroquias de Carballo e Bértoa. As primeiras actuacións realizaranse nas rúas Juan Montes, Faustino Santalices e L’Isle Jourdain. De seguido, os equipos de traballo trasladaranse a Fernando Camarot, Manuel de Falla, Faustino del Río e Xosé Manuel Eirís.

O proxecto, que suporá un investimento superior aos 200.000 euros, tamén inclúe estas outras rúas: Orquídea, Xeranios, Enrique Labarta Pose, Otero Pedrayo, Antón Fraguas, Bolivia, Severiano Soutullo, Nardos, Pensamentos, Carré Aldao, Rosas, Caravel, Andrés Gaos, Escultor Asorey, Alfonso X O Sabio, Médico Justo Martínez, Ricardo Portela e Doutor Fleming.