Carballo | Arrincou o proxecto “Ti tes a chave”

1 minutes read

O proxecto de recollida selectiva dos residuos orgánicos “Ti tes a chave” arrincou este luns coa instalación de 200 colectores de cor marrón en distintos puntos da zona urbana. 480 familias e 80 grandes produtores xa teñen a chave que abre eses contedores. Os residuos xerados serán trasladados á nova planta de compostaxe de Sogama.

As persoas interesadas en participar, aínda están a tempo, poden achegarse a calquera dos puntos informativos e asinar o documento de adhesión. Cada participante recibirá un kit que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables personalizadas, un tríptico informativo e unha chave para abrir un dos contedores que se colocarán na vía pública para depositar os bio-residuos, que supoñen máis do 40% dos RSU que depositamos nos colectores verdes.

Para máis información: De luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, no local de Carballo Limpo situado nas galerías do edificio da antiga Casa de Chinto (rúa Desiderio Varela, 34). Os xoves e os domingos de feira, de 10.30 a 13.30 horas, no stand da rúa Coruña.