Carballo | Artes acolleu o sorteo da Copa da Costa 2023

1 minutes read

O Pazo de Vilar der Francos, en Artes, Carballo, acolleu o sorteo da LIX edición da Copa da Costa de fútbol na que participarán 36 equipos. O acto contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e ademais houbo unha homenaxe ao presidente do Bergantiños FC, Luciano Calvo Pumpido polo seu apoio ao deporte. A competición arrincará o 1 de novembro cunha eliminatoria previa na que participarán oito equipos.

SDC Malpica – Muxía CF
Xallas CF – UD Corcubión
SD Coristanco – Camariñas CF
UD Cerqueda – Volantes de Baño

As eliminatorias serán a partido único, excepto nas semifinais. En caso de empate non haberá prórroga, salvo na final, que está prevista para o 9 de xuño, e xogaranse no campo do club de menos categoría.