Carballo | As atraccións de feira engaden alegría á zona do San Martiño

1 minutes read

Tras meses sen poder traballar e un intento errado hai unhas semanas polas restricións derivadas da pandemia, este xoves o DOG publicaba a relaxación das medidas anti covid, así as cousas o San Martiño carballés cheira a festa, especialmente para os máis pequenos da casa. Inchables, caballitos, cadeas… son algunhas das atraccións de feira instaladas en parte da zona do aparcamento, cumprindo todas as medidas de seguridade e hixiene, con saídas diferenciadas de entrada e saída. Moita foi a participación durante esta fin de semana, pero especialmente na mañá deste domingo, coincidindo coa primeira feira dominical do mes de agosto.