Carballo | As obras da traída de auga entre Ardaña e A Canosa van chegando ao seu final

Aínda que a canalización xa fai unhas semanas que está prácticamente rematada, estes días aproveitando o bo tempo, a empresa adxudicataria, Escavacións e Obras Candal S.L. está a cerrar de xeito definitivo con aglomerado os canles que tivo que abrir para colocar a tubería de servizo, instalada desde a parroquia de Ardaña ata A Canosa na veciña de Rus. O proxecto permite abastecer de auga aos lugares da Igrexa, Quintáns, Barís, O Val, O Pedreiro e Canosa. Preto do 90% dos veciños e veciñas destes lugares mostráronse interesados/as no servizo, polo que moitos xa dispoñen ou dispoñerán en breve do novo suministro de auga potable municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha