30
A actuación inclúe a renovación dos servizos e a mellora da mobilidade peonil e rodada, e forma parte do plan director de mellora da contorna do balneario, o único en funcionamento da provincia da Coruña. Na xornada deste venres procedeuse á pavimentación da calzada. Dentro das actuacións encamiñadas a poñer en valor ese recurso extraordinario, como é o balneario, xa se puxeron en marcha nos últimos meses as obras de reurbanización das rúas Ourense, Baños Vellos e Pontevedra. Agora estase actuando na rúa Chile e en breve arrincarán tamén as obras na rúa Lugo. O alcalde, Evencio Ferrero, foi testigo este venres do avance destas obras da rúa Chile que están a punto de rematar.