Carballo | As ruínas da escola de Pallas, un foco de inseguridade que trae de cabeza aos veciños


Ratas, ocupas, cheiros, incendios, son motivos máis que suficientes para manter en albas as preocupacións dos residentes próximos ás rúas que confluen no que no seu día foi o centro de ensino máis importante da vila, a escola de Pallas, tamén coñecida como colexio Leus.

O valado perimetral non é suficiente para que a mala práxis de grupos de mozos deambulen as súas anchas polas ruinosas dependencias que quedan en pé. Varios están identificados, os últimos este martes. A história repítese, este mércores á última hora da tarde veciños da rúa Álvarez de Sotomayor volveron a dar a voz de alarma, das instalaciòns saía fume, moito que perder dentro posiblemente non haxa, pero o que si hai é un constante gasto e perda de tempo dos médios públicos en atender estas ‘rapazadas’.

Policía Local, Garda Civil e Bombeiros tiveron que volver a acudir ao lugar, e mentras fan iso, loxicamente, están limitados a poder facer outra cousa. Pois a quen corresponda, e logo de décadas de abandono, sería boa cousa tomar ou instar a tomar unha determinación con esta infraestructura abandonada, que por desgraza non é a única, pero si a máis céntrica.