Carballo | As licenzas para naves industriais acadan as cifras máis altas dos últimos vinte anos

Polígono de Bértoa

  • A actividade urbanística ligada ao uso empresarial reduciuse lixeiramente no primeiro semestre do 2020 pola COVID-19

No primeiro semestre deste ano presentáronse a través do Rexistro Xeral do Concello de Carballo solicitudes de licenzas para a edificación de 11 vivendas unifamiliares, datos semellantes aos do ano pasado, xa que en todo o 2019 foron tramitados 21 permisos. Pero estes números cambian no referido ás licenzas para naves industriais, xa que dende o 2017 o Concello fai fronte ás cifras de licenzas máis altas nos últimos vinte anos.

No trienio 2017-2019 recibíronse solicitudes para a construción de 63 naves no parque empresarial de Bértoa (nos anos centrais do boom inmobiliario, 2005-2007, acadáranse as 55), e no primeiro semestre deste 2020, malia o estado de alarma, contabilizáronse 6. O nivel de ocupación do polígono supera o 80%, e as parcelas que quedan son pequenas, o que imposibilita a implantación de grandes proxectos empresariais á espera de que por parte da Xunta de Galicia se desenvolva a anunciada ampliación. Para este ano está comprometida por parte da Administración autonómica a redacción do proxecto e a adquisición do solo.

A actividade comercial e empresarial fóra do polígono tamén é elevada, como demostran as 257 comunicacións previas de inicio de actividade tramitadas no trienio 2017-2019. Este ano a cifra é inferior á media dos tres anteriores, pero aínda así no primeiro semestre contabilizáronse 27.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha