Estado no que quedou a peza artística tras ser atacada.
43
Persoa ou persoas descoñecidas atacaron na madrugada deste domingo a peza artística de cerámica realizada polo artesán carballés Manolo Eirín na zona dos Baños Vellos, en Carballo. Sobre ela, a primeira vista, depositaron pegotes de terra e herba. A zona foi vallada para proceder ao a súa análise en profundidade para reparar os posibles danos e tratar de identificar ao autor ou autores deste novo acto vandálico.
A obra, a penas ten unha semana de vida, trátase da recreación en cerámica do plano das ruínas do balneario romano realizado polo arquitecto compostelán Miguel Ferro Caaveiro durante a escavación do ano 1777. Contaría coa activación dun código QR que permitirá coñecer os detalles históricos deste descubrimento.
A peza artística no seu estado orixinal, visitada polo alcalde, Evencio Ferrero, o pasado 6 de outubro.