Carballo | Atenden a unha persoa que se atopou indisposta en plena rúa

0 minutes read

O 112 Emerxencias Galicia, tras recibir un aviso, puxo en coñecemento dos servizos médicos e de seguridade a necesidade de atender a unha muller de mediana idade, en Carballo, que sentiu indisposta en plena rúa. O suceso tivo lugar ás 8 da tarde deste venres na confluencia das céntricas rúas Cervantes e Colón. En auxilio desta persoa acudiu a Policía Local e unha Ambulancia asistencial con persoal médico, que analizou a situación da enferma en aras do seu traslado a un centro de saúde.